EDIFICIO DO CONCELLO

EDIFICIO DO CONCELLO

INSTALACIÓN DE EQUIPOS FOTOVOLTAICOS.

O proxecto consiste na instalación de placas fotovoltaicas na cuberta do edificio do Concello, que foi concibido no seu proxecto orixinal como posible heliporto, aínda que na actualidade non se utiliza, e trata de fomentar as novas tecnoloxías na produción de enerxía eléctrica e a promoción das enerxías renovables, ademais de conseguir un importante aforro no custo enerxético do concello.

Proxéctase a instalación de 48 paneis solares fotovoltaicos de produción de enerxía eléctrica cunha potencia instalada de 14,88 kW.

Obxectivo: Promoción de novas tecnoloxías de enerxía renovable e aforro enerxético.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (448.654,32 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)