Ahora en: Inicio Proxectos aprobados CENTRO DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO. CONCELLO DE NARÓN.

INSTALACIÓN DE EQUIPOS SOLARES-TÉRMICOS E FOTOVOLTAICOS

Este edificio situado no polígono industrial da Gándara, cunha superficie de 2.000 m2, realiza funcións de ensino de oficios entre os mozos do concello para a súa promoción ao emprego.

O proxecto aprobado consiste na instalación de placas solares-térmicas para a produción de auga quente sanitaria. Instálanse 4 placas solares-térmicas con capacidade para atender as necesidades das duchas cunha capacidade máxima de 606 litros/día nos vestiarios utilizados polos alumnos dos cursos.

Proxéctase tamén a instalación de 28 paneis solares-fotovoltaicos para a produción de enerxía eléctrica, 9 kW de potencia instalada, a modo de instalación didáctica.

Neste caso de actuación, o obxectivo é dobre:

  • Fomento de novas tecnoloxías de enerxías renovables e aforro enerxético.
  • Ensino destas novas tecnoloxías entre os alumnos ao dispor dunha instalación propia que sirva de mostra e prácticas.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (276.436,44 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)