Ahora en: Inicio Proxectos aprobados EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL E SERVIZOS

EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL E SERVIZOS

EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL E SERVIZOS.

INSTALACIÓN DE EQUIPOS SOLARES-TÉRMICOS.

Este edificio foi adquirido polo concello unha vez xa construído, procedente dunha antiga industria e as súas instalacións foron reformadas polo Concello para a utilización da Policía local e servizos. A parcela ocupa unha superficie de 5.800 m2 e a edificación habitable para persoal de servizos externos e Policía local é de 1.300 m2.

Dispón de vestiarios e auga quente sanitaria, xerada por quentadores eléctricos.

Proxéctase a instalación de placas solares-térmicas para a produción de auga quente sanitaria e tamén a instalación de placas solares-fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica.

Obxectivo: A promoción de novas tecnoloxías de enerxía renovable e aforro enerxético na produción de auga quente sanitaria.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (144.754,76 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)