Ahora en: Inicio Proxectos aprobados EDIFICIO DAS AULAS - PAZO DA CULTURA

EDIFICIO DAS AULAS - PAZO DA CULTURA

EDIFICIO AULAS-PAZO DA CULTURA DO CONCELLO
INSTALACIÓN DE EQUIPOS SOLARES-TÉRMICOS.

INSTALACIÓN DE EQUIPOS SOLARES-TÉRMICOS.

Estr. DE CEDEIRA

O Pazo da Cultura, independentemente da súa utilización como auditorio de distintos eventos culturais, co fin de desenvolver a cultura e os oficios artísticos entre a mocidade, ampliouse cun edificio para aulas de teatro, música e danza. Este edificio consta de planta baixa e dúas plantas, cunha superficie total de 1.219 m2.

Dispón de vestiarios e auga quente sanitaria, xerada por quentadores eléctricos, segundo instalación actual.

Proxéctase a instalación de placas solares-térmicas para a produción de auga quente sanitaria nos vestiarios dos alumnos.

Obxectivo: Promoción de novas tecnoloxías de enerxía renovable e aforro enerxético na produción de auga quente sanitaria.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (232.522,42 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)