Ahora en: Inicio

O COUTO

O COUTO

REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO PARQUE FORESTAL MUNICIPAL DO COUTO.

A zona do Couto que se atopa na marxe da ría, no concello de Narón, supón unha contorna paisaxística de calidade, polas súas vistas paisaxísticas sobre a ría.

Nesta zona está situado o Mosteiro de S. Martiño de Xuvia, edificio catalogado en patrimonio, mosteiro da Congregación de Cluny do século XII

A actuación que se proxecta nesta zona é o acondicionamento do parque forestal, coa dotación de rutas de sendeirismo rural, deportivo, de lecer e servizos aos cidadáns adecuados á contorna. Perfilalo de camiños e prazas, bordos e varandas de madeira, estacións deportivas e de lecer, mobiliario de xardín e parque, etc.

Obxectivo: Mellora da contorna natural e a calidade ambiental. Perséguese ao 100% este obxectivo, co fin de preservar este parque e fomentar o desenvolvemento sostido, ademais de servir de nexo de unión e área de descanso das actividades e visitantes do Mosteiro de S. Martiño de Xuvia, do século XII.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (232.642,65 €).

proyecto cofinanciado por la Unión Europea
 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)