RÚA TRANSVERSAL Á RÚA DA TORRE
SUPRESIÓN DE PASOS A NIVEL DE FERROCARRIL SEN BARREIRAS.
A vía do ferrocarril de vía estreita (FEVE) discorre neste punto dividindo o barrio urbano de Sta. Icía doutro barrio urbano en Freixeiro (Leira de Arzúa), en crecente construción de edificios residenciais.
O plan urbanístico do concello xa prevé un viario de cruzamento entre ambos os barrios, polo que se proxecta a construción dunha ponte elevada sobre o ferrocarril, dada a topografía do terreo, duns 20 m de lonxitude e ancho de 12 m.
Obxectivo: Mellora da accesibilidade e mobilidade. Únense dous barrios urbanos separados pola vía do ferrocarril e poténciase a seguridade viaria.
Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (500.000,00 €).