Ahora en: Inicio Proxectos aprobados RÚA VIRXE DE COVADONGA

RÚA VIRXE DE COVADONGA

RÚA VIRXE DE COVADONGA

SUPRESIÓN DE PASOS A NIVEL DE FERROCARRIL SEN BARREIRAS

A vía do ferrocarril de vía estreita (FEVE) discorre, nesta zona, elevada sobre o nivel dos terreos circundantes, tal como se indica nas fotografías que se achegan, dividindo dous barrios urbanos importantes do municipio, como son Sta. Icía e a estr. de Castela.

O proxecto prevé un viario de cruzamento que, como consecuencia da altura da vía de ferrocarril sobre os terreos, se proxecta  como paso inferior do ferrocarril cun ancho de 12 m, lonxitude de 15 m e un gálibo de 4.50 m.

Obxectivo: Mellora da accesibilidade e mobilidade. Únense dous barrios urbanos separados pola vía do ferrocarril e poténciase a seguridade viaria e a mobilidade dos veciños.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea  (685.000,00 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)