Ahora en: Inicio

GARDARÍA INFANTÍL EN XUVIA

GARDARÍA INFANTÍL EN XUVIA

CONSTRUCIÓN DE GARDARÍA INFANTIL.

A poboación do Concello de Narón é unha das que máis creceu dos pobos e cidades de Galicia, que segundo o Instituto Nacional de Estatística ofrece as seguintes cifras:

Ano: 1960 1970 1991 2007
Habitantes: 16.435 21.756 31.594 36.2

O concello, que non dispoñía de ningunha gardaría infantil pública, construíu 2 gardarías nos últimos 3 anos, dunha capacidade aproximada de 70 nenos en cada unha.

O incremento da poboación que se indica, foi fundamentalmente de natalidade e persoas de idade nova, polo que a demanda destas prazas segue en alza e as unidades construídas non son suficientes. A incorporación da muller ao mercado de traballo fai imprescindibles que as institucións presten un servizo de calidade en gardarías infantís.
O Concello de Narón ten entre os seus fundamentais servizos o de prestar axuda á familia.

Proxéctase unha terceira e nova gardaría infantil, dunha superficie aproximada de 750 m2  cunha capacidade para 70 nenos.

Obxectivo: Promoción da conciliación familiar e cohesión social.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (761.243,42 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)