Ahora en: Inicio Proxectos aprobados PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CUBERTO

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CUBERTO

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CUBERTO

CONSTRUCIÓN DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CUBERTO.

O fomento do deporte é un dos obxectivos básicos do Concello de Narón, polo que construíu nos últimos anos distintos pavillóns polideportivos e pistas de práctica deportiva.

Esta actuación ratifica este interese polo deporte que ofrece o Concello e proxecta a construción dun polideportivo "euronorma" cunha superficie deportiva de 29,00 x 48,00 mts. (pista efectiva de 20 x 40 mts.), con posibilidade de ser subdividido en tres pistas de 14 x 26 mts, que permitirá alcanzar un aforamento de 300 espectadores.
A descrición do pavillón resúmese en:

  • Pista de 20 x 40 para a práctica de: balonmán, voleibol, fútbol sala, bádminton, baloncesto e tenis.
  • Tres pistas de 14 x 26 para: educación física, ximnasia rítmica e deportiva.

Obxectivo: Promoción da conciliación familiar e cohesión social. Trata de achegar os cidadáns á cultura do deporte e ao lecer como parte da calidade de vida.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (976.544,42 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)