Ahora en: Inicio

ALDEA NOVA - SEDES

ALDEA NOVA – SEDES

CONSTRUCIÓN DO EDIFICIO DE AULAS RURAIS NO COMPLEXO RURAL "ALDEA NOVA".

O Concello de Narón na súa política cultural e de conservación do patrimonio cultural desenvolveu un proxecto dunha tipificación de ?cultura e vida rural?, na que se mostra unha casa-museo, albergues de pastoreo, rutas etnográficas rurais, costumes de estabulación e gandaría, agrícolas, etc.

A superficie total da actuación é de 42.200 m2 e nela construíronse xa, financiados polo Concello,  os edificios de.

  • Casa Museo.
  • Edificio de Rutas.
  • Albergue Rural.
  • Estabulación.

Trátase por conseguinte de finalizar a actuación coa construción dun edificio de aulas rurais para ensino destas actividades e fomento da cultura rural galega, dunha superficie aproximada de 1.200 m2 con materiais que se adecúen á contorna rural, ademais de incorporarlle como fontes de enerxía instalacións de enerxías renovables: solar-térmica, fotovoltaica e eólica.

Obxectivos:
Promoción da conciliación familiar e cohesión social e mellora da contorna natural e calidade.
Mellora da contorna natural e calidade ambiental.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (844.336,54 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)