PAZO DA CULTURA

PAZO DA CULTURA

CLIMATIZACIÓN DO EDIFICIO DE AULAS DO PAZO DE CULTURA MUNICIPAL.

O concello realizou con fondos propios a construción do edificio do "Pazo da Cultura?" que finalizou no mes de decembro de 2008.

Co fin de desenvolver a cultura e os oficios artísticos entre a mocidade, ampliouse esta construción coa incorporación no seu interior e na á norte dun espazo para aulas de teatro, música e danza, pensado fundamentalmente para fomentar a cultura e as artes entre a infancia e a mocidade. Este edificio consta de planta baixa e dúas plantas, cunha superficie total de 1.219  m2.

Consolídase con esta actuación a dotación de servizos para desenvolver as actividades previstas de aulas de música, danza e baile ou de teatro,  proxectando a instalación dunha climatización adecuada que se pretende levar a cabo coas modernas tecnoloxías de bomba de calor reversible, para frío e calor.

Obxectivo:

  • Dotación de equipamentos e infraestruturas necesarios para a participación da sociedade civil nos servizos locais.
  • Potenciar a participación cultural dos veciños nas actividades de Cultura e fomentar estes oficios entre os mozos.

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea (355.780,21 €).

 

PROXECTOS APROBADOS PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE NARÓN E COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL- FEDER, Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano - PERÍODO 2007- 2013.

PROXECTO APROBADO:
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NARÓN - I  (5.705.462,80 €)